ALCALDÍA

Ofrenda floral a Valle-Inclán no 80º aniversario do seu pasamento

05/01/2016 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou no cemiterio de Boisaca na homenaxe a Ramón María del Valle-Inclán con motivo do 80º aniversario do seu pasamento.

O acto, organizado pola Fundación Valle-Inclán, comezou cunha ofrenda floral na tumba do escritor realizada polo alcalde, Martiño Noriega; o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, e o vicepresidente da Fundación Valle-Inclán, José Juan Durán. A continuación, os tres realizaron breves intervencións para lembrar a Ramón María del Valle-Inclán.

Compartir: