COMERCIO

O Mercado de Nadal continúa na Praza de Abastos con 17 novos expositores

23/12/2015 Dezasete novos postos formarán parte da seguinte quenda do mercado de Nadal, que se celebra na nave 5 da Praza de Abastos.

Dentro dos novos postos inclúense 5 de alimentación, 18 de decoración e agasallos e 4 de bixutería e xoiería. Así, substitúense algúns dos que están a formar parte desta terceira quenda, onde atopamos postos de alimentación, decoración floral, decoración de Nadal, cosmética natural, artesanía en coiro, xoiería e agasallos.

En total pasarán polo Mercado de Nadal un total de 58 postos, 27 por cada unha das quendas, que contribúen a engalanar a nave 5 da Praza de Abastos e a dinamizar a zona no período navideño.

Compartir: