ACCIÓN CULTURAL

Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble presentan "A frauta máxica do Maxín"

21/12/2015 Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble presentan A frauta máxica do Maxín, dentro do programa de Teatro Familiar e da programación específica de Nadal. Será este martes 22, ás 19:00 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 5 euros e pode mercarse unha entrada familiar de catro localidades por 15 euros(é dicir, catro localidades ao prezo de tres). Á venda no despacho de billetes do Teatro Principal, en entradas.abanca.com ou no 902 434 443.

Os Monicreques de Kukas e Zoar Ensemble parten da versión musical para instrumentos de vento da ópera de Mozart para crear unha obra a modo de retablo na que utilizan as marionetas de fíos e a música tocada en directo para representar as escenas principais da ópera e introducen un personaxe real que recorda a un Mozart actual.

Este personaxe, ao mesmo tempo que é o narrador da historia representada cos monicreques, achega o espectador ao proceso de creación musical, nese intre no que o compositor, a partires dun libreto, inventa a música. E todo en clave de humor, buscando a complicidade co público.

Compartir: