EDUCACIÓN E CIDADANÍA

A Mesa de Contratación propón a Chicolino como empresa adxudicataria do servizo de comedores escolares 2016-2017

21/12/2015 A Mesa de Contratación de comedores escolares volveu reunirse esta mañá para tomar conta do informe elaborado polo Departamento de Educación. Na documentación fíxose unha valoración das dúas empresas que concorreron ao procedemento negociado, que son a empresa boirense Chicolino e a vasca Ausolan.

A proposta da Mesa de Contratación para a adxudicación de comedores pasa pola empresa Chicolino. Esta proposta deberá ser ratificada ao longo desta semana pola Xunta de Goberno Local, órgano encargado de realizar a adxudicación definitiva. Ademais, os trámites requiren que haxa unha última mesa de contratación onde se recolla a documentación e os avais que debe presentar a adxudicataria.

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asegurou que se porá en contacto coa empresa o antes posible e insistiu en que "o Concello estará moi pendente de que se cumpra co contido do prego". O concelleiro asegura que "en calquera caso, o día 7, día de comezo das clases, haberá un novo servizo de comedor e adxudicatario para que o servizo funcione correctamente nos próximos dous anos".

Compartir: