EDUCACIÓN E CIDADANÍA

As escolas infantís de Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños celebran o seu Festival de Nadal

18/12/2015 Este venres, ás 16:00 horas, as familias, os nenos e nenas e o profesorado das escolas infantís municipais das Fontiñas e de Meixonfrío-Salgueiriños celebrarán a tradicional Festa de Nadal, na que darán a coñecer o traballo realizado con motivo destas datas e felicitarán as festas.

Trátase dunha oportunidade de encontro de todos os membros da comunidade educativa, na que o xogo, o intercambio de postes tradicionais ou a interpretación de panxoliñas, converten este tempo nun espazo de convivencia e a socialización dos máis pequenos.

O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, achegarase ata o pavillón das Fontiñas ás 16:00 horas. Logo, ás 17:00 horas, compartirá esta festa coa EIM de Meixonfrío-Salgueiriños.

Compartir: