EDUCACIÓN E CIDADANÍA

Publicada a listaxe de admitidos no Programa Municipal de Conciliación para o Nadal 2015

16/12/2015 Finalizado o prazo para a solicitude de participación no Programa de Conciliación Laboral e Familiar para o Nadal 2015, a Concellaría de Educación e Cidadanía fai pública a listaxe de admitidos/as e excluídos/as. De todos os xeitos, continúa aberta a inscrición no programa ata cubrir as prazas vacantes.

Este programa concíbese como un espazo educativo e de promoción do lecer, ademais de ser unha alternativa de conciliación para as familias no tempo de vacacións do Nadal. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. As actividades desenvolveranse os días 21, 22, 23, 24, 28, 29, 30 e 31 de decembro de 2015, e 4 e 5 de xaneiro de 2016 nos CEIP As Fontiñas e CEIP Raíña Fabiola.

A inscrición realizarase a través do Rexistro Xeral do Concello de Santiago (rúa Presidente Salvador Allende, 4) ou no Rexistro Auxiliar do Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal o Ensanche (rúa de Frei Rosendo Salvado 14-16), cubrindo o formulario dispoñible nesta web, no Departamento de Educación e Cidadanía ou nos propios rexistros. A admisión será por rigorosa orde de inscrición.

O horario no CEIP As Fontiñas será de 7:45 ás 16:00 horas. O servizo de madrugadores (aula matinal) funcionará de 7:45 a 9:00 horas e poderá ser con ou sen almorzo. O horario de obradoiros e actividades realizarase entre as 9:00 e as 14:00 horas, e o de comedor de 14:00 ás 16:00 horas.

O horario no CEIP Raíña Fabiola será de 9:00 a 16:00 horas. Non se levará a cabo o servizo de madrugadores por non alcanzar o número mínimo de participantes requirido para o funcionamento de tal servizo. O horario de obradoiros e actividades realizarase entre as 9:00 e as 14:00 horas, e o de comedor de 14:00 a 16:00 horas.

Compartir: