ALCALDÍA

Martiño Noriega recibiu en Raxoi os participantes nas xornadas "Cultura de Paz, Seguridade e Desarmamento"

12/12/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu os participantes nas xornadas Cultura de Paz, Seguridade e Desarmamento, organizadas polo Seminario Galego de Educación para a Paz. Encabezaba a delegación Federico Mayor Zaragoza, presidente da Fundación Cultura de Paz e exdirector xeral da UNESCO, encargado da conferencia inaugural das xornadas.

Este sábado estaban previstas varias mesas redondas sobre "Paz, seguridade e conflitos armados", "Paz, desenvolvemento e seguridade humana", "Desarmamento e desmilitarización para a paz" e "Armas, mulleres, paz e seguridade".

Compartir: