FESTAS

O Concello realizará un sorteo para que os nenos e nenas da cidade acompañen aos Reis Magos como paxes reais durante a cabalgata

08/12/2015 O Concello de Santiago abrirá o vindeiro 9 de decembro un sorteo para que os nenos e nenas de Santiago poidan acompañar aos Reis Magos na cabalgata do día 5. En total sortearanse 9 prazas para paxes reais, destinadas a rapaces de entre 12 e 16 anos.

Para facelo utilizarase un post no Facebook "Santiago SocioCultural", onde os nenos e nenas que queiran participar poderano facer mediante o comentario "Quero participar na cabalgata". Ademais, tamén se poderán inscribir directamente no Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, deixando o nome e número de teléfono.

O día 22 de decembro ás 12:00 horas farase un sorteo no Centro Sociocultural do Ensanche para anunciar quen serán os e as paxes da Cabalgata de Reis de Santiago.

Compartir: