DEPORTE

Entregados os premios da IV edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan

02/12/2015 A IV Edición do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan chega á súa fin coa entrega de premios, que se produciu nunha gala celebrada no Auditorio de Galicia.

Na gala estiveron presentes o alcalde da cidade, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales. Entre os premiados destacan Rubén Caamaño, Amador Pena e Cristian Muiño na categoría xeral masculina, e Jessica Inés Muiños, Vanessa Lafuente, Ana Fiestras e Tania Silvelo, na categoría xeral feminina, entre outras categorías.

Tamén se entregaron os premios a nivel colectivo, entre os que destacan o Club Atletismo Millaraio e Atletismo Fontes do Sar, dentro da categoría de clubs federados femininos. Na categoría de equipos federados masculinos, os premios foron para o Club Atletismo Santiago, Noitebra FC Atletismo e Atletismo Fontes do Sar.

Documentos relacionados



Compartir: