ALCALDÍA

O alcalde recibiu a directora do Instituto Europeo Campus Stellae, Nuria Pereira

20/11/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu a directora do Instituto Europeo Campus Stellae, Nuria Pereira.

O Instituto Europeo Campus Stellae é unha entidade que ten entre os seus obxectivos promover o papel de Galicia en Europa mediante a promoción de actividades de ensinanza, culturais, artísticas e sociais, contribuíndo así ao coñecemento das distintas facetas da cultura europea común. É pioneiro na formación de expertos en Unión Europea, Violencia Doméstica, Dereitos Humanos e Protocolo Internacional.

Compartir: