ACCIÓN CULTURAL

Miguel Gomes recibiu o primeiro dos Premios Cineuropa desta XXIX edición

13/11/2015 O portugués Miguel Gomes recibu este venres de mans do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, o primeiro dos Premios Cineuropa que se outorgan nesta XXIX edición do festival. Autor de A cara que mereces (2004), Aquele querido mês de agosto (2008) ou Tabú, premio Alfred Bauer e FIPRESCI na Berlinale de 2012, Gomes é recoñecido, en palabras de Martin Pawley, como "un gran escoitador e iso fixo del un dos máis grandes fabuladores do noso tempo".

Tras a entrega do Premio estreouse o primeiro volume do seu último traballo: As Mil e Uma Noites, unha visión do actual Portugal da austeridade, a crise e os tecnócratas a través da mirada da bela Sherezade. A fábula, fermosísima fábula, é utilizada por Miguel Gomes para dar a coñecer a situación do seu país.

Compartir: