ALCALDÍA

O alcalde expresa de novo o rexeitamento do Concello ao traslado do 061 e do 112

12/11/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu o Comité de Empresa do 112 Galicia, complementando así a reunión mantida este martes coa Xunta de Persoal do 061. Logo, sumouse á concentración que os traballadores destes dous servizos realizaron no Obradoiro contra o traslado dos mesmos á Estrada.

Martiño Noriega reiterou o respaldo do Concello a estas mobilizacións, por seguir considerando que o traslado destes dous servizos non responde a ningunha xustificación operativa, prexudicando ademais a preto de 300 familias da cidade e da súa contorna.

Compartir: