TURISMO

Santiago(é)Tapas amosa en Madrid a calidade da gastronomía compostelá

10/11/2015 A concelleira de Turismo de Santiago, Marta Lois, e a presidenta de Hostalería Compostela, Sara Santos, presentaron este martes en Madrid o concurso de tapas da capital de Galicia, Santiago(é)Tapas.

O evento celebrouse nun vagón do tren Alvia que efectúa o traxecto Madrid-Compostela, na estación de Chamartín; no mesmo, o cociñeiro Siro González ofreceu algúns dos seus petiscos e tamén se debullou o programa de Cineuropa, coa presenza do seu director, José Luis Losa.

Existe un acordo de colaboración con Renfe polo cal os visitantes que se acheguen a Compostela en Alvia - Larga Distancia, por mor do Santiago(é)Tapas ou Cineuropa, poderán gozar dun desconto dun 30% no prezo dos seus billetes entre os días 17 e 25 de novembro.

Premios do Santiago(é)Tapas 2015
Nove son os galardóns que se entregarán na oitava edición do Santiago(é)Tapas. O gañador do Premio do Xurado á mellor tapa recibirá un diploma e 500 euros.

Os visitantes aos locais determinarán cos seus votos os tres premiados na categoría de Tapa do Público, que contan con diploma e contías de 1.000, 800 e 500 euros; o premio (É)xcelente 2015 ao mellor servizo e experiencia global, dotado con 500 euros e diploma; e máis o premio á "Tapa con máis chispa", creación máis simpática e orixinal, promovido por Coca Cola Iberian Partners.

 Nesta edición do Santiago(é)Tapas tamén hai tres galardóns ás creacións que mellor maridan con cervexa, promovidos dende Estrella Galicia. O Premio do Xurado á tapa que mellor marida con cervexa conta con 500 euros en produto e diploma; o Primeiro e o Segundo Premio do Público á tapa que mellor marida con cervexa levarán  diploma e 100 euros en produto.

Locais participantes no Santiago(é)Tapas
A oitava edición do Santiago(é)Tapas celébrase dende o 12 ata o 29 de novembro e nela participan un total de 69 establecementos, moitos deles por vez primeira. Cada un deles ofrece ata 3 petiscos, a un prezo común de 2 euros.

A (é)tapa Praza do Obradoiro conta con: Orfeón San Francisco Hotel Monumento, Cre-Cottê, A Cuchara do Villar, Central, Los Caracoles, O Celme do Caracol, Coruña, A Senra Raíña, 25 de Julio, La Jefatura, The Seafood Bar, Lusco & Fusco, Gaia e AC Palacio del Carmen. Esta (é)tapa está apadriñada por Grupo Reboreda Morgadío da D.O. Ribeiro.

Na (é)tapa Praza de Cervantes reúnense: Cervantes, Rey, Hervor & Fervor, La Bodeguilla de San Roque, Garum, Mamá Peixe, Resas, Casa Pepe, Arco de Mazarelos, SCQ, O Piorno, Caldeirería 26, Xuntaza e A Curtidoría. Adegas Pazo do Mar, da D.O. Ribeiro, apadriña esta (é)tapa.

Na (é)tapa Praza de Galicia pódese atopar a: Albarella, La Industrial, Caney, El Bocalino,  Reno, El Estudio, El Muelle, Antollos, O París, Azul, Negreira ‘O Patata’, Porta Faxeira, La Catedral, A Casa da Collona e Bodegón de Xulio. Esta (é)tapa está apadriñada por Adega Pousadoiro.

A(é)tapa Praza Roxa suma a: QCafé A Quinta da Auga, A Nave de Vidán, O Ferro, Galipizza, La Bodeguilla de Santa Marta, Siro González, Artesana, Castelao, J de Joker, La Cavita, Vivacce, Entre Pipos, Singulario, Adgelo e Tryp Santiago. Bodegas Alanís apadriña esta (é)tapa.

Por último, na (é)tapaCamiño Francés están: La Bodeguilla de San Lázaro, A Casa da Viña, A Grella, A Cantina do Gaiás, A Moa, O Afiador, La Barrika, O Catro, Bicoca, La Croquette e Medusa. Finca Viñoa, da D.O. Ribeiro é quen apadriña esta(é)tapa.

Santiago(é)Tapas está coorganizado por Turismo de Santiago e a Asociación Hostelería Compostela. Conta co patrocinio do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro, Cash Record e Coca Cola; a colaboración especial de Estrella Galicia e Turkish Airlines.

Direcciones relacionadas



Compartir: