ALCALDÍA

Martiño Noriega recibe a Asociación en Defensa da Sanidade Pública

05/11/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu esta tarde a Asociación en Defensa da Sanidade Pública nun encontro que cualificou como "cordial e no que se acordou reactivar o Consello de Saúde Municipal".

Na xuntanza coincidiron na necesidade de iniciar un proceso para testar as consecuencias que os recortes dos últimos anos tiveron en materia de saúde, sobre todo no que se refire a unha merma na calidade de atención dos centros de saúde da cidade e da súa contorna.

Compartir: