ACCIÓN CULTURAL

Primeiras tres citas do programa familiar "12 doces de outono" nos centros socioculturais de Santa Marta, Marrozos e Amio

05/11/2015 A Concellaría de Acción Cultural programou para este domingo, 8 de novembro, as primeiras entregas do programa 12 doces do outono, unha proposta escénica para público familiar combinada coa degustación ao remate das funcións de doces do outono elaborados nos propios centros socioculturais polos veciños en obradoiros previos.

As citas deste domingo son en tres centros socioculturais. Pola mañá, ás 12:30 horas, o Centro Sociocultural de Santa Marta acolle a representación de Fíos pola compañía Boabab Teatro, con personaxes que non deixarán indiferentes a nenos e maiores, para viaxar, soñar...
. Xa pola tarde, ás 18:00 horas, no Centro Sociocultural de Marrozos, Xarope Tulú representará A miña primeira viaxe teatral, adaptación do libro-albúm do mesmo título escrito por Paloma Sánchez Ibarzabal, na que un neno viaxa dentro da súa cápsula por un universo descoñecido.

Á mesma hora, pero no Centro Sociocultural de Amio, O ritmo do camiño, coa Tropa de Trapo, que nos contan as historias de Antía e Wamba.
A entrada aos espectáculos é de balde, suxeita á capacidade das salas.

Compartir: