CENTROS SOCIOCULTURAIS

Aberta a inscrición para a viaxe ao Madrid histórico do programa "Imos de excursión"

05/11/2015 Nova proposta de viaxe no marco do programa Imos de excursión, promovido pola Concellaría de Acción Cultural. Nesta ocasión, os participantes achegaranse ao Madrid histórico durante a ponte festiva do 6 ao 8 de decembro.

Localizacións emblemáticas como a praza da Cibeles, a Porta de Alcalá, o Retiro, ou o Paseo da Castellana, serán punto de parada para os viaxeiros, que percorrerán tamén o barrio das Letras, o Madrid dos Austrias e o Rastro.

O prezo da viaxe é de 143 euros en habitación doble. Inclúe a estancia de dúas noites, con pensión completa nun hotel situado nos arredores da cidade, guías acompañantes e seguro de asistencia e viaxe. O prezo non inclúe entradas a museos e monumentos.

A partir deste xoves 5 de novembro , ás 17:00 horas, ábrese a inscrición (presencial) para esta viaxe a través dos centros socioculturais.

Documentos relacionados



Compartir: