CENTROS SOCIOCULTURAIS

O CSC de Vite acolle un concerto da Banda Municipal dedicado aos bailes de salón

05/11/2015 Este venres 6 de novembro, a Banda Municipal de Música de Santiago abandona puntualmente a súa tempada sinfónica para unha nova e innovadora cita, un concerto cheo de ritmo e espectacularidade que levará por título Bailes de salón. Será no Centro Sociocultural de Vite, ás 11:30 horas.

Este concerto especial, organizado pola Rede de Centros Socioculturais, está dedicado á terceira idade, se ben é unha actividade aberta ao público en xeral. O programa da actuación estará integrado por unha mostra dos bailes de salón máis coñecidos, dende un valse ata o cha-cha-chá, pasando polo pasodobre ou o rock & roll, entre outros ritmos.

A posta en escena contará coa música en directo da Banda e, como grupo de baile, cunha parella compostelá que se dedica á competición profesional, Lucía Vázquez e Cristian García. A entrada é de balde.

Documentos relacionados



Compartir: