ACCIÓN CULTURAL

Catro talleres formativos nos centros socioculturais sobre a factura eléctrica

04/11/2015 A Concellaría de Acción Cultural, en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia e co patrocinio do Instituto Galego de Consumo, organiza neste mes de novembro catro talleres formativos noutros tantos locais socioculturais: Figueiras, Marantes, Marrozos e A Peregrina. A temática será a comprensión da factura da electricidade e as prácticas para aforrar na mesma.

Estes talleres xorden da complicación que supón coñecer os mecanismos de funcionamento do sector eléctrico e en vista do progresivo aumento das reclamacións dos consumidores nesta materia. Nestas sesións facilitaráselles aos consumidores unha mellor comprensión en materia de subministración eléctrica.

Para participar, o único requisito é o de levar unha factura o día da actividade. A primeira sesión terá lugar este venres, 6 de novembro, ás 20:00 horas, no Local Sociocultural de Figueiras. Logo chegarán as quendas do LSC de Marantes (martes 10 ás 16:30 h), do LSC de Marrozos (venres 13 ás 20.00 h) e do LSC da Peregrina (venres 20 ás 19:00 h).

Documentos relacionados



Compartir: