ALCALDÍA

Encontro do alcalde coa Asociación de Viúvas

03/11/2015 O alcalde recibiu esta mañá no Pazo de Raxoi a directiva da Asociación de Viúvas de Santiago, dentro da rolda de contactos que Martiño Noriega está a manter para presentarse aos distintos colectivos da cidade.

O rexedor puido coñecer as actividades que desenvolve esta asociación, que agrupa a máis de 300s mulleres de Compostela. Ademais, foi invitado a visitar a sede do colectivo. Despois deste primeiro encontro co alcalde, está previsto que a Asociación de Viúvas de Santiago poida abordar asuntos máis concretos coas concelleiras de Políticas Sociais, Concha Fernández, e Igualdade, Marta Lois.

Compartir: