POLÍTICAS SOCIAIS

Santiago de Compostela participa nun encontro en Barcelona para crear unha Rede de cidades por unha saúde universal

02/11/2015 A concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participou este luns 2 de novembro nun encontro en Barcelona para valorar conxuntamente con outros tres municipios (A Coruña, Madrid e Barcelona) accións, plans e medidas que se poden artellar para defender a Sanidade Pública e Universal. O obxectivo do encontro pasaba por crear unha Rede de Municipios por unha saúde universal, do que sairá un manifesto conxunto.

Os concelleiros e concelleiras participantes na xuntanza destacaron "o dereito á saúde e a unha atención sanitaria pública, de cobertura universal e sen exclusións, equitativa, gratuíta no punto de asistencia e financiada por impostos progresivos suficientes para cubrir as necesidades da poboación". Tamén se inclúe a necesidade de "rexenerar o carácter público dos servizos públicos de saúde, co criterio de que os servizos asistenciais que se pagan con diñeiro público deber ser de titularidade e xestión pública".

Compartir: