ACCIÓN CULTURAL
A película proxectouse durante esta 60ª edición da Seminci de Valladolid con grande éxito de público, entre cuxos asistentes se atopaban sobreviventes e familiares das vítimas. Este sábado recibía a Mención Especial na categoría "Doc. España".
Tras a estrea na pasada edición de Angrois, no esquecemento, de Susana S. Recouso e Emilio Carral, Cineuropa pretende con esta proxección seguir dando voz a unha traxedia que non se debe esquecer.
Estrea do documental "Frankenstein-04155" o 18 de novembro en Cineuropa
01/11/2015 "Demoledor", "Descomunal", "Un exemplo de liberdade" son só algúns dos cualificativos recibidos por Frankenstein-04155. O filme documental, dirixido polo ourensán Aitor Rei e producido por Boneca Lareta, conta coa colaboración da Plataforma de Vítimas Alvia 04155 e recibiu financiamento a través de achegas de particulares mediante unha plataforma de "crowdfunding". Tras recibir unha mención especial na Seminci de Valladolid, a película poderá verse en Cineuropa o 18 de novembro.
O 24 de Xullo de 2013, o tren Alvia 04155 descarrilaba á entrada de Santiago de Compostela, cun saldo de 81 falecidos e máis de 140 feridos. Dous anos despois, o xuíz Andrés Lago Louro pecha a instrución do caso co maquinista como único responsable. Tras un longo proceso de investigación e documentación, e de presións que dificultaron a produción, sae á luz o documental de Aitor Rei, que indaga nas múltiples variables que influíron no fatal accidente; denuncia outras posibles neglixencias e o abandono político dos ministros de Fomento José Blanco e Ana Pastor, e ofrece novos datos que serán utilizados polas propias vítimas en futuros recursos xudiciais.A película proxectouse durante esta 60ª edición da Seminci de Valladolid con grande éxito de público, entre cuxos asistentes se atopaban sobreviventes e familiares das vítimas. Este sábado recibía a Mención Especial na categoría "Doc. España".
Tras a estrea na pasada edición de Angrois, no esquecemento, de Susana S. Recouso e Emilio Carral, Cineuropa pretende con esta proxección seguir dando voz a unha traxedia que non se debe esquecer.