MOBILIDADE

O Día da Bicicleta pecha a Semana da Mobilidade con 267 participantes

27/09/2015 A Semana da Mobilidade chegou á súa fin en Compostela coa celebración do Día da Bicicleta, que reuniu polas rúas da cidade a 267 amantes deste medio de transporte alternativo.

A xincana para nenos e a pedalada final que saía do Parque da Alameda foron as actividades con maior éxito entre os participantes. Estiveron presentes os concelleiros de Mobilidade, Jorge Duarte, e de tráfico, Xan Duro, que fixeron a entrega de premios.

O percorrido que fixeron os participantes saiu dende o Parque da Alameda por Xoán Carlos I, Praza de Vigo, Rúa Nova de Abaixo, Praza Roxa, Frei Rosendo Salvado, Ramón Cabanillas, República Arxentina, Praza de Puente Castro, Hórreo, Praza de Galicia, Fonte de Santo Antonio, Virxe da Cerca, Costa de San Domingos, Ramón del Valle-Inclán, San Roque, Basquiños, Praza da Paz, Xoán XXIII, San Francisco para rematar na Praza do Obradoiro.

Compartir: