ALCALDÍA

Martiño Noriega uniuse á celebración dos 55 anos do Ensanche compostelán

27/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou na xornada de celebración dos 55 anos do Ensanche.

O Concello de Santiago colaborou nas actividades realizadas ao longo da xornada nas Casas de Ramírez e a súa contorna. Houbo xogos populares, baloncesto, contos, música e ata unha comida popular.

Compartir: