EDUCACIÓN

Convocada unha Xunta de Voceiros para que se apoie de forma conxunta ao CEIP de Vite

25/09/2015 A voceira do grupo municipal de Compostela Aberta, Marta Lois, púxose en contacto esta mañá cos voceiros do PP, Agustín Hernández, PSdG-PSOE, Paco Reyes, e do BNG, Rubén Cela, para buscar o apoio de todos os grupos ás reivindicacións da ANPA do CEIP de Vite.

Lamentan que, nun ano no que se incrementou a matrícula de nenos con necesidades educativas especiais, se reducise o número de coidadores e de profesores da especialidade de Pedagoxía Terapéutica (PT), a pesares de que o colexio é o centro de referencia para nenos e nenas con necesidades educativas especiais.

O Goberno local quere que desta reunión saia unha declaración institucional conxunta que se leve a pleno para a súa aprobación e así instar á Xunta a que atenda as peticións das nais e pais do colexio de Vite.

Compartir: