ALCALDÍA

O Concello de Santiago e a Asociación de Escritores en Lingua Galega reafirman a súa vontade de colaboración

23/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse co presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELGA), Cesáreo Sánchez, e coa súa secretaria xeral, Mercedes Queixas.

A xuntanza serviu para que AELGA dera a coñecer ao alcalde as súas próximas iniciativas e para afirmar a vontade de colaboración do Concello con esta entidade. Un exemplo desta cooperación é o Obradoiro de Creación Literaria Literatela (Literatura de Compostela), que comeza este sábado no Centro Sociocultural da Trisca e que impartirá Suso de Toro.

Compartir: