ALCALDÍA

O alcalde compostelán fai balance dos primeiros cen días de goberno

18/09/2015 O alcalde de Santiago fixo balance hoxe dos primeiros cen días do seu goberno, dos que salientou a volta á normalidade no Concello. Martiño Noriega explicou que, nestes meses, o seu executivo logrou recuperar a confianza dos cidadáns na administración que lles é máis próxima, grazas á recuperación da interlocución cos barrios e parroquias, a través do seu tecido asociativo, para recoller as necesidades e demandas, moitas delas pendentes desde antes do ano 2011. O rexedor tamén falou da mellora das relacións internas no Concello.

Nestes cen días, o goberno tamén elaborou unha auditoría interna para coñecer a situación das arcas municipais. Martiño Noriega destacou como aspecto positivo a liquidez das contas, pero lembrou que os informes desvelaron o incumprimento do teito de gasto. Nesta liña, o alcalde incidiu na vontade de transparencia do goberno na xestión financeira, que se está a traducir en medidas como a publicación de informes trimestrais.

As accións de goberno máis concretas pódense consultar no documento adxunto.

Compartir: