ALCALDÍA

Martiño Noriega continuou en Fontiñas a súa rolda de contactos veciñais

17/09/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse coa Asociación de Veciños Camiño das Fontiñas, continuando así a rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais do concello.

No encontro, celebrado no Centro Sociocultural de Fontiñas, o alcalde escoitou as demandas dos representantes veciñais para este barrio compostelán. Tamén participou o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte. Logo, alcalde, concelleiro e veciños percorreron o barrio.

Compartir: