ACCIÓN CULTURAL

Noite Curta presenta unha selección das películas máis exitosas da pasada edición do Festival Internacional Curtocircuíto

01/09/2015 O Festival Internacional de Cine Curtocircuíto, que se celebra na cidade do 6 ao 11 de outubro, abre boca con dúas sesións de Noite Curta, ambas ás 21:30 horas na praza das Praterías. A primeira será este mércores 2 de setembro e nela poderemos ver unha selección das películas máis exitosas da pasada edición de Curtocircuíto. O vindeiro mércores, 9 de setembro, chegará a segunda das citas, cunha noite de cinema de vangarda na rúa en colaboración co festival WOSINC.

A Noite Curta deste mércores 2 de setembro ofrece un programa de nove curtametraxes cunha duración total de unha hora e trinta e oito minutos. O programa está dirixido a maiores de 13 anos e é con entrada libre. En caso de que chova, as proxeccións celebraranse na Zona C. Trátase dunha selección das películas máis exitosas da pasada edición do festival, que conforman un programa de ficción, animación e documental para todos os gustos.

Documentos relacionados



Compartir: