ALCALDÍA
Martiño Noriega escoitou as demandas da Asociación de Veciños de Guadalupe
12/08/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, segue a súa rolda de contactos coas diferentes entidades veciñais. Desta vez reuniuse coa Asociación de Veciños de Guadalupe.
Acompañado do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, e dos representantes veciñais, Martiño Noriega realizou un percorrido polo barrio para coñecer de primeira man as súas principais demandas.