ACCIÓN CULTURAL

Pistacatro Produtora de Soños presenta "Fair Play" nunha nova xornada de Verán na Rúa

10/08/2015 Nova xornada do programa Verán na rúa. Este martes 11 de agosto, ás 19:30 horas, na praza da Quintana, Pistacatro Produtora de Soños presenta Fair Play, un espectáculo que forma parte do circuíto cultural e de lecer Cultura no Camiño, promovido pola Xunta de Galicia con motivo do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela e patrocinado por Turismo de Galicia e Agadic.

En clave de cine mudo e circo, Fair Play é unha comedia que evoca os tolos anos 20. Circo xestual e malabares para todos os públicos. Dous elegantes gentleman disputarán na praza da Quintana un partido de tenis en varios sets, ou cando menos intentarano. Deportividade si, xogo limpo tamén, cortesía por suposto, pero que gañe o mellor.

Con Fair Play continúa Verán na rúa, programa co que a Concellaría de Acción Cultural enche no mes de agosto algunhas das rúas e prazas máis emblemáticas de Santiago de Compostela de actividades para compartir en familia. A participación é de balde.

Direcciones relacionadas



Compartir: