CONSORCIO
O centro está promovido pola Fundación Laboral da Construción, en colaboración co Consorcio de Santiago (que ademais elaborou o proxecto), e conta co apoio do Concello de Santiago e a Xunta de Galicia. Será pioneiro en todo o territorio nacional, xa que se destinará de xeito específico á formación especializada e á reciclaxe no eido da rehabilitación de traballadores e empresas da construción. Está considerado polos especialistas como unha ferramenta extraordinaria para o desenvolvemento de políticas activas de formación e emprego no sector da construción.
Por outro lado, tal como indica o arquitecto do Consorcio Ángel Panero, "o centro contribuirá a dinamizar a transformación que está a vivir o sector, en particular no relativo á modernización de estruturas empresariais. Favorecerá a creación de pequenas e medianas empresas especializadas nesa área de negocio do sector da construción, en grande expansión e potencialmente xeradora de emprego cualificado e estable".
Plenamente operativo en 2016
Ademais da construción, xa rematada, de novas edificacións destinadas a obradoiros, nunha primeira fase rehabilitáronse algunhas das edificacións da antiga fábrica de curtidos, e colocouse a cuberta a todas para garantir a conservación do conxunto. Mentres que as novas edificacións foron financiadas pola Fundación Laboral da Construción co apoio da Xunta de Galicia, o Consorcio financiou a primeira fase da rehabilitación das edificacións existentes.
Agora, co obxectivo de que o centro sexa operativo na maior brevidade, iníciase a execución da segunda fase das obras de rehabilitación das edificacións existentes; que se destinarán a aulas, oficinas, salón de actos, despachos de profesores e arquivo. A intervención centrarase no seu acondicionamento interior.
A Fundación Laboral da Construción comprometeuse no convenio subscrito co Consorcio de Santiago a acometer os traballos pendentes de urbanización e equipamento do centro antes de que acaben as obras, co obxecto de que poida estar plenamente operativo durante 2016. Na actualidade, a Fundación está a desenvolver o programa formativo e a estrutura de funcionamento do centro.
O Consorcio adxudica o remate das obras do primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación
30/07/2015 O Consorcio de Santiago adxudicou o remate das obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá en Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. A empresa TRYCSA, Técnicas para la Restauración y Construcciones, S.A. encargarase da intervención, cun orzamento de 1.008.644,89 euros.
O contrato coa empresa adxudicataria asinouse esta mañá, tras o cal se celebrou a primeira xuntanza de coordinación entre a dirección da obra, que exercerá persoal da Oficina Técnica do Consorcio, e o equipo técnico da empresa adxudicataria. As obras comezarán no prazo dun mes e o período de execución das mesmas estímase en oito meses, polo que deberían estar rematadas en maio de 2016.O centro está promovido pola Fundación Laboral da Construción, en colaboración co Consorcio de Santiago (que ademais elaborou o proxecto), e conta co apoio do Concello de Santiago e a Xunta de Galicia. Será pioneiro en todo o territorio nacional, xa que se destinará de xeito específico á formación especializada e á reciclaxe no eido da rehabilitación de traballadores e empresas da construción. Está considerado polos especialistas como unha ferramenta extraordinaria para o desenvolvemento de políticas activas de formación e emprego no sector da construción.