ALCALDÍA

O alcalde sumouse á concentración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155

24/07/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e outros membros do Goberno local sumáronse á concentración da Plataforma de Vítimas do Alvia 04155 celebrada na praza do Obradoiro, cando se cumpren dous anos do accidente.

Noriega expresou a súa "solidariedade" coas vítimas e o "apoio" á súa reivindicación de xustiza e de depuración de responsabilidades por esta traxedia.

Compartir: