FESTAS

Imelda May levou o rockabilly máis xeuníno ao escenario da praza da Quintana

23/07/2015 O rock and roll e o rockabilly xenuíno de Imelda May foron protagonistas na xornada do xoves das festas do Apóstol. Este foi o día no que tamén se pecharon as actividades do programa Artellando e no que a Banda ofreceu o seu segundo concerto das festas.

Nunha velada aberta polos Rockin’Corsarios, Imelda May ofreceu o seu primeiro concerto en Galicia. A irlandesa deu mostras do seu tran talento vocal e do seu dominio de instrumentos coma o bodhrán, o baixo, a guitarra e a pandeireta. E todo isto nunha praza da Quintana que se encheu unha noite máis.

Última xornada de Artellando
Artellando puxo punto e final á súa programación con Mamá Cabra, María Fumaça, danza, circo, obradoiros e xogos infantís na Romaría Cativa de Bonaval. Foron seis días de espectáculos polos barrios da cidade e do rural de Santiago, nos que participaron máis de 130 artistas.

Concerto da Banda Municipal con Cantigas e Agarimos
A Banda Municipal e Cantigas e Agarimos foi o nome do segundo concerto que a Banda presentou dentro das festas do Apóstolo. Nesta ocasión, e dirixidos por Juan Miguel Romero LLopis, ofreceron un programa con obras de B. Del Río, M. De Santiago, Mato Hermida, Bello Mallou, A. Alcalde, Carracedo e Rey Pose. Estiveron acompañados polo coro, grupo de gaitas e de baile de Cantigas e Agarimos, dirixidos por Xaquín Xesteira, Ramón Maril e Pedro Brañas, respectivamente.

Compartir: