ALCALDÍA

Clausurado o Compostela Summer Program

23/07/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, asistiron en San Martiño Pinario á clausura do curso Compostela Summer Program, que se celebrou do 1 ao 23 de xullo. Participaron 22 estudantes de China, Vietnam, México, Paraguai, Estados Unidos e Israel.

Nesta edición, os participantes neste programa, organizado pola Fundación Compostela Arquitectura, traballaron en torno a catro proxectos de interese para o Concello de Santiago: Camiño francés á chegada a Santiago, Monte do Gozo e ponte sobre a autoestrada; Accesos para os peóns á Cidade da Cultura. Parque do Sar; Escenario temporal para concertos na praza da Quintana; e Cafetería e punto de servicios no parque de Bonaval.

Compartir: