CONVIVENCIA

Seguridade no Apóstolo, recomendacións e reforzo do servizo de transporte urbano

22/07/2015 A Concellería de Medio Ambiente e Convivencia comunica que, por motivos de seguridade restrinxirase o acceso con mochilas e bolsos de gran tamaño á Praza do Obradoiro a noite do 24 de xullo. Na mañá do 25 de xullo, durante os actos da Ofrenda ao Apóstolo, a restrición afectará á propia Praza do Obradoiro e á Catedral.

Habilitarase como consigna o Pavillón Lorenzo de la Torre (situado en Costa Nova de Abaixo, s/n, próxima a Xoán XXIII) no seguinte horario:

- Día 24: de 18.00 h. a 1.00 h.
- Día 25: de 9.00 h. a 14.00 h.

24 de xullo
Dende as 15:00 horas do mércores 24 de xullo, queda prohibido estacionar na rúa Costa Vella, restrición que se estende ata o remate dos fogos (noite do 24).

O día 24 de xullo, a restrición de acceso á praza do Obradoiro aplicarase a partir das 20:00 horas, momento en que quedará pechada para facilitar o acceso do público ao espectáculo e o dispositivo de seguridade do mesmo.

CORTES DE TRÁFICO E ACCESO PEONIL

- Dende as 21:00 horas cortaranse ao tráfico as seguintes rúas: Xoán XXIII (tramo entre avenida do Burgo e San Francisco)-Costa Nova-Castiñeiros entre Morón e San Francisco e costa de San Francisco.

- A partir das 22:30 horas prohibirase o tránsito de peóns nas rúas Xoán XXIII entre o cruce do Burgo e San Francisco, Costa Nova-Xazmíns, Costa Vella-Porta da Pena, Xoán XXIII-Castiñeiros, Trinidade-Raxoi.

RECOMENDACIÓNS DE TRÁFICO E ESTACIONAMENTO

Debido á intensidade do tráfico na noite do 24 de xullo, recoméndase aos condutores a utilización da AP-9 para a circunvalación da cidade.

Lémbrase a importancia de prestar atención aos paneis variables situados nas entradas ao casco urbano e sobre todo os ubicados na AP-9 e no periférico.

En canto ao estacionamento, recoméndase aparcar os vehículos fóra do centro e evitar o tránsito polas súas inmediacións.

Tamén se recomenda evitar o tránsito peonil por Carretas na medida do posible.

25 de xullo
Na mañá do 25 de xullo, o paso restrinxido pola praza abarcará das 9:00 ás 14:00 horas.

Este mesmo día e por mor das manifestacións que sairán da Alameda, recoméndase aos condutores evitar o entorno da praza de Galicia entre as 11.30 e as 14.30 horas.

Reforzo do servizo de transporte urbano
Con motivo da celebración das festas do Apóstolo, os servizos de transporte urbano das liñas 1 e 6 verán incrementados os seus servizos do seguinte xeito:

Venres 24: Liña 6

A liña 6 reforzarase a tarde do día 24, mantendo os mesmos horarios que os días laborables en horario de inverno:
- Saídas de San Marcos: 7:00, 7:20, 7:35 e de 7:50 a 22:50, cada 20 minutos.
- Saídas de Os Tilos: de 7:00 a 23:00, cada 20 minutos.

Todas as prolongacións da liña manterán os horarios habituais do verán, coa excepción das voltas dende Vilamaior en horario de tarde, que serán aproximadamente ás 16:30, 17:30, 20:50 e 22:30 (en lugar de 16:20, 17:20, 20:40 e 22:20).

Sábado 25: Liñas 1 e 6

Liña 1 (reforzo en horario de mañá, ata as 15:00):

- Saídas do cemiterio de Boisaca: 7:30, 8:00, 8:20 e cada 20 minutos ata as 15:00. A partir das 15:00, cada 30 minutos.
- Saídas do hospital Clínico: desde as 8:00 ata as 15:00, cada 20 minutos. A partir das 15:00, cada 30 minutos.

Liña 6 (reforzo ao longo de todo o día):

- Saídas de San Marcos: de 7:30 a 23:00, cada 30 minutos (por Amio, ás 8:00 e ás 11:00; por Asilo, ás 16:30).
- Saídas de Os Tilos: de 7:15 a 22:45, cada 30 minutos (por Amio, o servizo das 22:15).

As restantes liñas do transporte urbano terán o venres 24 horarios de día laborable e, o sábado 25, horarios de día festivo ao longo de todo o día.

Compartir: