FESTAS

A ritmo de reggae e de tango nunhas repletas prazas da Quintana e do Toural

21/07/2015 Gentleman & The Evolution foron os protagonistas da quinta xornada das Festas do Apóstolo 2105. O público, que unha noite máis encheu a praza da Quintana, bailou ao ritmo do éxitos que levaron a este artista alemán ao cumio do reggae a nivel mundial.

A xornada completouse con varias propostas incluídas na programación Artellando. Así, mentres o reggae soaba na Quintana, moi preto, na praza do Toural, a noite era de tango, da man de Marcelo Mercadante e Gustavo Battaglia.

Durante o día, Brais das Hortas estivo cos seus Contos en obras no Centro Sociocultural da Gracia; e Contos Daboapipa cos seus Contos de animalario nos CSC de Vite e de San Lourenzo.

Cativos e maiores gozaron na praza Roxa coa compañía teatral clown Bandullo Azul e o seu espectáculo A incrible historia de Robinson Crusoe, e Ánxela Blanco presentou o seu vangardista traballo Olivia necesita verán no calexón do CGAC.

Compartir: