FESTAS

Noite de gospel noutra xornada con alta participación das festas do Apóstolo

20/07/2015 Os protagonistas da cuarta xornada das festas do Apóstolo foi The Gospell Times, que encheu unha noite máis a praza da Quintana. Esta agrupación de profesionais de altísimo nivel transmitiron ao público o máis refinando son do gospel, cun repertorio composto por cancións tradicionais.

Tamén pola noite e dentro da programación Artellando, Fetén Fetén levou o seu folc á praza do Toural, onde Jorge Arribas e Diego Galaz presentaron o seu últimos disco, Bailables.

Durante a xornada desenvolvéronse outros espectáculos de Artellando. Así, o pallaso Peter Punk estivo nos centros socioculturais de Nemenzo e do Castiñeiriño, e Chus de Xandobela levou os seus contos ao CSC de Santa Marta. A nota vangardista do día correspondeu a Carlos Quintá, co seu espectáculo Jean Vigo. A propósito de Niza na praza Recantos de San Miguel.

Compartir: