ACCIÓN CULTURAL

Coros de zarzuela para abrir a participación da Banda Municipal nas festas do Apóstolo

17/07/2015 A Banda Municipal de Música de Santiago inaugura o seu ciclo especial de concertos dentro das festas do Apóstolo este domingo 19, ás 22:00 horas, acompañada do Coro Liceo de Vilagarcía.

Baixo o título Coros antolóxicos de zarzuela, preséntase esta reunión musical. O repertorio estará composto por unha selección deste xénero lírico, unha suma da que seguro resultará un concerto moi especial.

Dentro deste Ciclo do Apóstolo haberá dous concertos máis: o xoves 23 de xullo, en Praterías, a Banda actuará coa Agrupación Cantigas e Agarimos, e o mércores 29, na praza de San Martiño Pinario, coa compañía Viravolta Títeres. Ambos concertos serán ás 20:00 horas.

Compartir: