ALCALDÍA

Primeira toma de contacto do alcalde coa Asociación Hostalería Compostela

14/07/2015 O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reuniuse cunha representación da Asociación Hostalería Compostela, encabezada polos seus presidentes, Sara Santos (Hospedaxe) e José Antonio Riveiro (Restauración).

A xuntanza foi unha primeira toma de contacto coa directiva desta Asociación e serviu para sentar as bases de colaboración en materias coma o turismo. A moratoria na concesión de licenzas para hoteis con encanto, a introducir na revisión do Plan Especial da Cidade Histórica, foi un dos temas abordados na reunión.

Compartir: