CONVIVENCIA

Protección Civil captura unha serpe bastarda no Parque Eugenio Granell

13/07/2015 A Agrupación de Protección Civil de Santiago capturou unha serpe no parque Eugenio Granell, tras ser alertada da presenza do animal polos veciños do Restollal. Trátase dun exemplar de culebra bastarda ou Montpellier (Malpolon Monspessulanus).

Esta variedade de serpe é unha das máis comúns do norte da Península e pode alcanzar os dous metros. Se ben é velenosa, non presenta perigo para o home. A serpe bastarda ten hábitos diúrnos e móstrase máis activa de marzo a novembro.

Compartir: