Jueves 10 de mayo 2012

Axenda

Chema Madoz: "Ars Combinatoria"

O Auditorio de Galicia acolle a exposición Ars Combinatoria, de Chema Madoz. A mostra fotográfica está comisariada por Oliva María Rubio e producida por La Fábrica.

Ata o 24 de xuño, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Compostella dicitur. A cidade da Catedral. Santiago en 1211"

Compostella dicitur. A cidade da Catedral é o nome da exposición que inaugura o uso público da Casa do Cabido, un dos mellores edificios barrocos de Santiago. A exposición, relacionada co oitavo centenario da consagración da Catedral de Santiago, está ideada coma unha viaxe ao ano 1211, ano da consagración da basílica xacobea.

Ata o 30 de xuño, na Casa do Cabildo.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Curtocircuíto

A IX edición do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, celebra a súa semana oficial. Ademais das proxeccións dos cinco concursos diferentes, conta con actividades paralelas como obradoiros, mesas redondas, clases maxistrais, temáticas específicas, curtas para cativos e unha ampla oferta musical. Este ano recibíronse 2.645 curtametraxes chegadas de 91 países e o país convidado é Romanía.

Do 2 ao 12 de maio, en diversos espazos da cidade.

Axenda

"Ler, contar e gozar coas letras"

A campaña Ler, contar e gozar coas letras promove a lectura a través de máis de 100 actividades nos centros socioculturais. Obradoiros, contacontos, recitais poéticos e outras actividades lúdicas e divulgativas compoñen esta proposta dinamizadora de animación á lectura.

Ata o 9 de xuño, nos centros socioculturais.

Axenda

Festival Terra da Fraternidade

Conmemóranse os 40 anos da estrea pública da canción "Grândola, Vila Morena" en Santiago de Compostela. Un grupo de artistas galegos, co apoio de compañeiros portugueses e brasileiros, farán o 10 de maio no Auditorio de Galicia a súa particular homenaxe ao cantautor portugués Zeca Afonso e a canción "Grândola, Vila Morena", himno dunha xeración e dunha revolución.

O cartel do festival Terra da Fraternidade está composto por máis de 30 actuacións e 100 artistas que colaboran de forma gratuita nesta homenaxe. Terra da Fraternidade é unha gala colaborativa, multidisciplinar e chea cariño cara o cantautor portugués.

O xoves 10 de maio, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Leiva en concerto

Debut de Leiva en solitario (despois de Pereza) dentro do Compostela Rock.

O xoves 10 de maio, ás 21:00 horas, na Sala Capitol.

Compartir: