Sábado 8 de marzo 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

"Té con Kant", de Inversa Teatro

Té con Kant é un proxecto experimental de Inversa Teatro que conxuga o ensaio filosófico e a creación escénica, xogando co humor e a ironía para obter unha peza de teatro íntimo próxima ao formato de teatro-didáctico-conferencia.

Os días 6, 7 e 8 de marzo ás 20:30 horas, e o 9 de marzo ás 19:30 horas, na Zona C.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Curriculum Vitae", comedia cos composteláns Redrum Teatro

Unha comedia sobre entrevistas de traballo na que asistiredes, a través da invisible cuarta parede dunha oficina, a esas "curiosas" escenas que teñen lugar entre dúas persoas, cando unha delas está sendo xulgada pola outra para acceder a un posto de traballo. Humillación, enchufismo, ineptitude, mala hostia, abuso... vanse sucedendo nas cinco pezas que compoñen a obra para mostrar a crúa realidade do mundo laboral. Iso si, todo contado dende o humor, que é a mellor maneira de ver as cousas serias.

O sábado 8 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: