Domingo 9 de febrero 2014

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Axenda

Odaiko Percussion Group coa Banda Municipal de Música

Vaia banda!, con Odaiko Percussion Group e Banda Municipal de Música. A integración dos instrumentos de percusión no contexto das agrupacións clásicas, orquestra ou banda, achega unha infinidade de timbres que dan cor e variedade a un espectáculo no que as posibilidades da percusión son case ilimitadas. Obras clásicas reinterprétanse en termos percusivos ofrecendo unha nova escoita que de seguro non deixara ao público indiferente. Concerto incluído no ciclo Infantil & Familiar.

O domingo 9 de febreiro, ás 12:30 horas, no Teatro Principal.

Concertos didácticos o luns 10 e o martes 11, ás 10:00 e ás 12:00 horas.

Axenda

Teatro musical con Pica Pica

O Auditorio Novagalicia Banco acolle o novo espectáculo de teatro musical Bailando, de Pica Pica. Nesta ocasión as festas chegan ao pobo dos amigos de Pica Pica, onde bailarán e cantarán novos temas infantís e algúns éxitos dos 80 como: "Bailando", "Tómbola", "La Mané", "El baile de la fruta" ou "Viajar en tren", entre moitos outros.

O domingo 9 de febreiro, ás 18:00 horas, no Auditorio Novagalicia Banco.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

"Desalmad@s", estrea absoluta

Unha muller busca a súa alma xemelga pero... Onde encontrala? En qué sitio se esconde esa "outra metade"? E se o corpo e a alma se contradín? De amor e soidade, de desilusión e de sonos, de tolos e cordos... De todo isto fala Desalmad@s.

O sábado 8, ás 20:30 horas, e o domingo 9, ás 18:00 horas, no Salón Teatro.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Compartir: