Lunes 17 de febrero 2014

Axenda

Funcións didácticas de "A discreta namorada", de Lope de Vega

Marabillosa comedia de Lope de Veiga, A discreta namorada, que tocará moi de cerca aos máis novos. Nesta obra, como nos episodios máis divertidos do antigo cine cómico, van desfilando os personaxes desta comedia: Fenisa, Belisa, Lucindo, Gerarda, Hernando, Bernardo e Doristeo, en situacións disparatadas que espertan abertamente as nosas gargalladas.

O luns 17 de febreiro, ás 9:30 e 11:30 horas, no Teatro Principal.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición fotográfica "Santiago-Kumano, rutas de peregrinación Patrimonio da Humanidade"

As 44 fotografías dos arquivos de Turismo de Santiago e do Tanabe City Kumano Tourism Bureau amosan os puntos comúns destas dúas peregrinacións milenarias.

Do 30 de outubro de 2013 ao 11 de abril de 2014, no Museo das Peregrinacións e de Santiago.

Axenda

"Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre"

Exponse na Fundación Novacaixagalicia Maside en Compostela. O testamento pictórico do mestre, un proxecto no que colaboran o Concello de Santiago, a familia de Carlos Maside e a devandita Fundación. A través de 31 obras de diversas temáticas, e realizadas con diferentes técnicas que van dende o óleo ata a acuarela, pasando pola tinta china sobre pergameo, o proxecto expositivo presenta un percorrido pola obra e vida deste artista de traxectoria singular que se converteu no principal referente ideolóxico da xeración dos renovadores.

Ata o 31 agosto de 2015, en horario de luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas, no Centro Cultural da Fundación Novacaixagalicia.

Compartir: