Miércoles 4 de septiembre 2013

Axenda

"Detenido (Al pie de la loma)", de Christian García Bello, na Zona C

Exposición Detenido (Al pie de la loma), de Christian García Bello, baseada no poemario En las orillas del Sar, de Rosalia de Castro. Comisariada por Candela Rajal, conta coa colaboración do Master de Arte Museoloxía e Crítica Contemporáneas da USC.

Ata o 29 de setembro, na Zona C (San Domingos de Bonaval).

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Exposición "15 contos breves e extraordinarios" no Auditorio

15 contos breves e extraordinarios. Arte contemporánea Fundación María José Jove é unha mostra coa que a Fundación culmina o seu proxecto sobre arte contemporánea e discapacidade, unha iniciativa pioneira en Galicia e a través da cal fusionou dous dos seus ámbitos de actividade.

O proxecto xira en torno a relación e experiencia de persoas con discapacidade con pezas contemporáneas e os seus autores. Os 15 participantes interpretaron a tamaño real a obra dun artista galego.

Ata o 29 de setembro, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Verán na rúa

A Concellaría de Cultura presenta unha programación cultural participativa e de calidade, para composteláns e visitantes. En agosto e na primeira quincena de setembro as rúas e prazas de Compostela encheránse coa cor dunha programación que inclue propostas diferentes, participativas e de calidade, que encheran de música, teatro, circo espazos habituais para os composteláns e emblemáticos para todos os que nos visitan, como as Prazas de Toural, Quintana, San Martiño Pinario e Praterías e parque da Alameda.

Do 6 de agosto ao 12 de setembro en diversos espazos da cidade.

Máis información: Compostela Capital Cultural

Axenda

Damien Jurado

Damien Jurado, unha das figuras máis relevantes do folk-rock americano, chega a Santiago da man do ciclo Íntimo & Acústico. Contará con William Tyler como artista convidado.

O mércores 4 de setembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Axenda

Raphael en concerto

Raphael chega a Compostela dentro da súa xira Mi gran noche.

As entradas poden adquirirse a través de Servinova e da Red Ticketmaster (Halcón Viajes, Carrefour, FNAC….), así como na billeteira do Teatro Principal (do 26 de agosto ao 4 de setembro en horario de 17:30 a 20:30 horas). As entradas teñen un prezo de 20 € de pé e 25 € con cadeira.

O mércores 4 de setembro, ás 22:00 horas, na praza da Quintana.

Compartir: