Viernes 29 de mayo 2009

Axenda

Montse Rego expón "Diñeiro" na Zona "C"

A Zona "C" da rúa de Bonaval é unha iniciativa da concellaría de Cultura que xurdiu hai máis dun ano coa finalidade de achegar un espazo a artistas novos de Compostela de se dar a coñecer ante a crítica e o público da cidade. Neste caso foi Montse Rego a que preparou unha exposición específica para o espazo da galería que leva por nome Diñeiro.

Do 29 de abril ao 14 de xuño, na Zona "C".

Axenda

"Dáme veleno", de Sarabela Teatro, no Principal

Un avó e unha avoa, moi especiais, preocupados pola súa descendencia, tentan comunicarse con ela desde o alén. Un dos seus netos vive coa indefinible sensación do desaxuste co mundo, mentres as súas tías teñen a tola esperanza de poderen axudar coas súas accións a facer máis levadeira a existencia dos infelices. Este é o argumento de Dáme veleno, da compañía Sarabela Teatro.

O venres 29 e o sábado 30, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: