Jueves 4 de marzo 2010

Axenda

A mostra "Iacobus Gallecia" na Casa das Asociacións

A Casa das Asociacións acolle a exposición Iacobus Gallecia, Arte Contemporánea Galega nos Camiños de Santiago, que ofrece ao público parte da colección de arte contemporánea que o Xacobeo reuniu en torno á obra de autores galegos actuais e de recoñecido prestixio.

A exposición permanecerá aberta ao público do 11 de febreiro ao 5 de marzo de 2010 na Casa das Asociacións,
rúa Manuel Beiras, nº 3 (antiga estación de Cornes).

Axenda

Antía Moure expón as súas "Grandes Batallas" na Zona C

A Zona "C" acolle a exposición fotográfica de Antía Moure, titulada Grandes Batallas.

Ata o 21 de maio, na Zona "C".

Axenda

Ros Marbà dirixe a Real Filharmonía nun concerto dedicado a Schumann

Antoni Ros Marbà dirixe a Real Filharmonía de Galicia nun recital dedicado integramente ao compositor romántico alemán Robert Schumann e no que Iván Martín será o pianista solista.

O xoves 4 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Axenda

Ancora Produccións presenta "Colgados"

Colgados. A incrible historia de Homesoga, o colgado de Celeiro, é un logomono, unha creación escrita e interpretada por Gustavo Pernas Cora. Chega a Santiago da man de Ancora Producións e coa dirección de Ánxela G. Abalo.

O xoves 4 e o venres 5, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.

Compartir: