Miércoles 18 de septiembre 2019
Axenda
Semana do Patrimonio Invisible (do 18 ao 22 de setembro)
A Semana do Patrimonio Invisible ofrecen 26 visitas a espazos que habitualmente están pechados ao público.
Do 18 ao 22 de setembro.
Axenda
A Real Filharmonía de Galicia nos barrios de Compostela
A Real Filharmonía de Galicia comeza unha nova temporada saindo de novo á rúa, con concertos en Fontiñas, Vite e Conxo.
O mércores 18 no CSC das Fontiñas, o xoves 19 no CSC de Vite e o venres 20 na igrexa de Conxo.
Axenda
XX Ciclo de Lied: viaxe ás raíces centroeuropeas
O Ciclo de Lied celebra a súa vixésima edición facendo un percorrido pola historia do xénero.
O mércores 18 de setembro, ás 20:30 horas, no Teatro Principal.
Axenda
"A paisaxe e a súa pegada I", na Casa do Cabido
Catro fotógrafos -Alberte Peiteavel, Javier Teniente, Sheila Pazos e Tino Viz- amosan a súa particular visión da paisaxe do Camiño de Santiago e da cidade.
Ata outubro, na Casa do Cabido.
Axenda
Mostra do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas
O XI Premio Auditorio de Galicia para novos artistas achega as obras que o xurado elixiu entre as 109 propostas presentadas.
Na Sala Isaac Díaz Pardo, no Auditorio de Galicia.
Axenda
Exposición "Antonio Fraguas Fraguas. Letras Galegas 2019"
A exposición consta de dúas seccións, unha de contido biográfico que propón un itinerario ao longo da vida de Antonio Fraguas, con especial atención á súa traxectoria como galeguista e profesor, membro activo das institucións máis destacadas da cultura do país durante oito décadas fecundas, e outra na que se presentan as diferentes vertentes nas que exerceu o seu traballo intelectual: arqueoloxía, xeografía, historia e arte, etnografía e divulgación.
Ata o 28 de decembro, no Museo do Pobo Galego.
Axenda
"Pouco a pouco", de Ângela Ferreira, no CGAC
Dende o principio da súa investigación e da súa práctica artística, Ângela Ferreira traballou sempre co legado colonial de África e, nun sentido amplo, coas relacións entre Europa e o continente africano.
Do 21 de xuño ao 29 de setembro, no Centro Galego de Arte Contemporánea.
Axenda
Mostras temporais e permanentes na Fundación Granell
Na Fundación Eugenio Granell realízanse exposicións temporais e outras nas que se dan a coñecer os diferentes fondos do museo, do propio artista ou da súa colección.
No Pazo de Bendaña, durante todo o ano.