Ayuntamiento de Santiago de Compostela

Saltar a los contenidos
Utilidades (Saltar):

Idiomas (Saltar):



Portada » Noticias » Agenda
Compartir:

Agenda
Jueves 29 de septiembre 2016

Axenda

x

Mostra "Compostela, a Terceira Dimensión" na Casa do Cabido

Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. Esta mostra reúne un total de 35 imaxes representativas do casco histórico compostelán, en particular da Catedral -como final do Camiño- e da súa contorna.

[29/09/2016 10:00] Ata finais de novembro, na Casa do Cabido.


Axenda

x

Galicreques 2016

Santiago de Compostela acolle a XXI edición do Festival Internacional Galicreques.

[29/09/2016 10:30] Do 24 de setembro ao 2 de outubro, en varios escenarios da cidade.


Axenda

x

Compostela + Solidaria

O Concello de Santiago e a Coordinadora Galega de ONGD poñen en marcha Compostela+Solidaria', un programa de sensibilización que ten por obxectivo dar a coñecer a realidade dos países empobrecidos, o traballo das ONGD galegas e as alternativas solidarias e xustas que dende aquí contribúen a mudar o mundo. E como a transformación social comeza dende o local, dende os barrios, levaranse a cabo máis de 30 actividades de balde, principalmente nos centros socioculturais da cidade.

[29/09/2016 11:00] Do 17 de setembro ao 16 de outubro, nos centros socioculturais.


Axenda

x

Exposicións na Fundación Granell

A Fundacion Eugenio Granell acolle varias exposicións. Unha delas é a titulada Instinto de conservación, unha mostra de carácter didáctico que pretende facer fincapé no concepto de conservación preventiva da man de imaxes da obra de Eugenio Granell e as súas coleccións, arroupado por este espazo envolvente que invita á reflexión. Outras dúas mostras temporais son Eugenio Granell, o encanto de todas as mulleres e Amparo Segarra. Diario fragmentado 2016.

[29/09/2016 11:00] Ata o mes de decembro, na Fundación Eugenio Granell.


Axenda

x

"Marchas & Danzas" coa Banda Municipal de Música

A Banda Municipal de Música de Santiago, dirixida polo mestre Casiano Mouriño Maquieira, ofrecerá un novo concerto en Praterías, desta vez cun programa formado por marchas e danzas.

[29/09/2016 19:30] O xoves 29 de setembro, ás 19:30 horas, na praza das Praterías.

Máis información: Compostela Capital Cultural


Axenda

x

"Caverna", concerto de corpos para arpa e voz

Caverna é un espectáculo de danza e música en directo que invita á contemplación. A sombra proxectada da arpa, que interpreta Luis Martins, e dos corpos de Isabel Sánchez e Leodán Rodríguez, amplía a percepción sensible dos movementos, da música e da danza. Todo acompañado da voz de Mónica de Nut. As sombras cobran peso formando unha realidade propia.

[29/09/2016 21:00] O xoves 29 de setembro, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Máis información: Compostela Capital Cultural



Enviar | Imprimir | Arriba

© Ayuntamiento de Santiago. Pazo de Raxoi. Praza do Obradoiro. Tel.: 981 542 300 (Centralita) 981 542 357 (Alcaldía)