Sábado 10 de marzo 2012
Axenda
Obradoiro de cabezudos
A Cidade da Cultura pon en marcha os sábados de marzo o obradoiro de cabezudos, catro sesións nas que confeccionar estes populares personaxes pero cun deseño máis conceptual e seguindo as experiencias levadas a cabo por artistas das vangardas históricas.
Os sábados 3, 10, 17 e 24 de marzo, ás 11:30 e 17:30 horas, na Cidade da Cultura.
Axenda
"Chamada desde o máis alá"
Vilano Producións pon en escena Chamada desde o máis alá, unha comedia áceda baixo a dirección de Lúa Testa.
FICHA ARTÍSTICA:
Autor: Fusa Guillén
Dirección: Lúa Testa
Adaptación: Fusa Guillén / Lúa Testa
Escenografía: Lúa Testa
Deseño son: Lúa Testa
Deseño iluminación: Lúa Testa
Vestiario: Lúa Testa
Música: Sweet Oblivion Band
Elenco artístico: Maite Da Costa, Helga Méndez, Carlos Basoa e Fusa Guillén
O sábado 10 de marzo, ás 21:00 horas, no Teatro Principal.
Axenda
Vizarros e Vicky Polar no ciclo de concertos sen alcohol "MusiCompostela"
Comeza o ciclo de concertos sen alcohol MusiCompostela, que se encadra no Plan Local de Prevención de Drogodependencias do Concello de Santiago.
MusiCompostela arranca coa actuación dos grupos composteláns Vizarros e Vicky Polar, con entrada de balde. Seguirán outros sete concertos na Sala Moon nos que non se servirá alcohol, como forma de fomentar un ocio alternativo e saudable entre a mocidade compostelá.
O sábado 10 de marzo, ás 22:00 horas, na Sala Moon, ubicada na rúa República Arxentina nº 25.